Programa de la II Feira de Cervexas Artesás Galegas en Lugo
Programa de la II Feira de Cervexas Artesás Galegas en Lugo
Del 4 al 7 de Junio de 2015
A Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, dirixida en funcións por Carmen Basadre, informa que esta próxima fin de semana terá lugar a II Feira da Cervexa Artesá, organizada pola Asociación Galega de Cervexeiros Artesáns, e que pretenden dar a coñecer un produto elaborado de xeito artesanal bastante descoñecido.
Así, os días 4, 5, 6 e 7 na Praza Horta do Seminario, instalaranse 15 cervexeiros artesáns de toda Galicia, principalmente da provincia de Ourense e Pontevedra, que farán degustación e venderán as súas producións de cervexa elaborada de forma artesanal e con produtos naturais.
Ademais tamén se realizarán unha serie de actividades cultural entorno a esta evento, como cursos para aprender a elaborar a cervexa na casa, charlas informativas, degustacións, venda de produtos, música e premios ás cervexas mellor valoradas. Os horarios das Feira serán o xoves de 18 a 00:30 horas, o venres e sábado de 12 a 00.30 e o domingo de 12 a 22.30 horas.
As persoas que se acheguen van a poder descubrir unha serie de matices e posibilidades nas cervexas e experimentar novos sabores da cervexa feita de maneira artesanal respetando os tempos de
maduración.
Os cervexeiros artesáns que participan son Cervexa Áncora (Ourense), Cervexa Dama Alaricana (Allariz), Cervexa Trisk-Ale (Nigrán), Cervexa Aloumiña (Lugo), Cervexa Bubela (Lugo), Cervexa Faxilda
(Lugo), Cervexa A Cova da Serpe (Lugo), Cervexa Saramagal (Barro), Cervexa Santo Cristo (Ourense), Cervexa Starla Cantinas (Ourense), Cervexa Suevia (Vilagarcia de Arousa), Cervexa Ouren-Beer
(Ourense), Cervexa Menduíña (Cangas), Cervexa Morriña (Quiroga) e Cervexa Vacaloura (Nigrán).
Programa de la II Feira de Cervexas Artesás Galegas en Lugo
Xoves 4 de xuño
18:00 horas inauguracióndo evento
20:30 horas concurso a etiqueta máis orixinal da Feira
21:00 horas, concerto de música do grupo SOUVENIR
Venres 5 de xuño
12:00 horas apertura da Feira
13:00 horas Curso de elaboración de CERVEXA ARTESÁ gratuito(máximo 20 persoas). Para participar envíar e-mail cos datos persoais indicando “venres”a : cursodecervexa@gmail.com
21:00 horas concurso da mellor cervexa da Feira por cata dos visitantes
22:00 horas concerto de música o cargo de grupo BLUE MONK
Sábado 6 de xuño
12:00 horas apertura da Feira
13:00 horas Curso de elaboración de CERVEXA ARTESÁ gratuito (máximo 20 persoas), para participar envíar e-mail cos datos persoais indicando “sábado” a cursodecervexa@gmail.com
20:00 horas Emisión da final da Champions League en Pantalla Xigante de 4 metros
22:30 horas Concerto de música a cargo do grupo de versións BLUE MONK
Domingo 7 de xuño
12:00 horas apertura da feira
13:30 horas, maridaxe con queixos
20:00 horas concerto de música do grupo MYTHICAL FAIL
22:00 horas , entrega de premios
22:30 horas clausura da Feira
Déjanos tu comentario