Mercado Medieval de NARÓN 2024

del 18 al 21 de julio de 2024 el Parque Río Freixeiro acogerá una nueva edición del Mercado Medieval de Nalón con un variado programa de actividades para todas las edades

Mercado Medieval de Naron
Mercado Medieval de Naron

A edil de Feiras e Mercados, Mar Gómez, presentou a programación do Mercado Medieval de Narón, que se celebrará do 18 ao 21 deste mes no parque de Freixeiro.

 

A edil naronesa avanzou que se instalarán na zona preto dun centenar de postos e destacou a variedade da programación a desenvolver durante os catro días, con propostas dirixidas a persoas de todas as idades.

 

O Mercado medieval abrirá o xoves ás 18:00 horas, momento no que se poderán ver xa exposicións de oficios, comezarán os obradoiros e tamén o campamento e as diferentes atraccións.

 

Na xornada do venres o Mercado reabrirá ás 11:00 horas, coas diferentes actividades, como a apertura da escola de cabaleiros, as exposición, a visita do trasno Froilán, que gastará bromas aos asistentes, a danza dos veos de Nazareth, un pasarrúas musical ás 12:45 horas e un descanso sobre as 14:15 horas para poder xantar nalgúns dos postos instados no propio mercado.

 

Pola tarde poderase visitar o Mercado dende as 18:00 horas, con propostas musicais con tambores e fanfarras, a presencia de bufóns, acrobacias circenses, danza do venres, música de gaitas e tambores e da agrupación Treefolk, a visita de Luisete e a maxia de Baom, pasarrúas dende as 21:20 horas e un de gran formato con sorpresas a partir das 21:45 horas. A continuación, sobre as 22:30 horas haberá un espectáculo de lume e circo con Maktub e pechará a xornada un pasarrúas musical que dará comezo ás 23:00 horas.

 

O sábado a programación continuará en horario de mañá dende as 11:00 horas, con pasarrúas, trasnos, bufóns, a música de Treefolk, espectáculo aéreo e circense con veos ás 14:00 horas e unha parada para comer ás 14:30 horas.

 

Pola tarde o ambiente do medievo regresará ás 18:00 horas, momento dende o que se sucederán a música, os bufóns, a danza do ventre, os pasarrúas, e ás 22:15 haberá un espectáculo de gran formato con sorpresas ao que seguirá, ás 23:00 horas, un espectáculo de lume con aéreos e circo.

 

Finalmente, o domingo reabrirá de novo ás 11:00 horas o Mercado medieval e regresará a música, os bufóns, faunos, a danza do ventre, un obradoiro de esparto para nenas e nenos ás 13:45 horas e un descanso para xantar ás 14:30.

 

Pola tarde poderase visitar o Mercado dende as 18:00 horas e tamén haberá música e outras propostas de maxia e un pasarrúas infantil de despedida con música, danza, lume e o gran dragón ás 21:45 horas que marcará o fin de festa cun espectáculo aéreo, de lume e circo, acompañado de todas as compañías.

 

A edil naronesa avanzou que a maiores haberá durante a fin de semana atraccións infantís, un obradoiro de esparto, unha actividade de tiro con arco, probas de habilidade coa Escola de cabaleiros e un campamento medieval para descubrir a vida e costumes da época. A concelleira de Feiras e Mercados recordou que o Mercado Medieval de Narón reúne cada ano a centos de persoas, chegadas da cidade e tamén doutros concellos, ás que animou a regresar de novo a visitar esta edición.

 

Compártenos en Redes Sociales

TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR

Ferias y Mercados Medievales en A Coruña