Feirón Medieval en PONTEDEUME 2024

del 4 al 7 de julio de 2024 Pontedeume celebra su Feirón Medieval con un amplio y variado programa de actividades para todas las edades

Feiron Medieval en Pontedeume
Feiron Medieval en Pontedeume

🏰O Concello de Pontedeume presenta a programación completa dunha nova edición do seu tradicional Ferión Medieval, que terá lugar esta fin de semana.

 

🗓️O XIV Feirón Medieval dos Andrade dará comezo ás 17:30 deste venres, día 5 de xullo, coa inauguración do mercado e das zonas de atraccións infantís e de xogos tradicionais, e se prolongará ata o domingo 7 de xullo.

 

👉Á mesma hora do venres serán inaugurados tamén o posto de tiro con arco no patio do convento e a Eira d@s Nen@s - Xoaniña, unha zona de xogos infantís con monitores que funcionará durante os tres días.

 

Ao longo da tarde e da noite do venres haberá tamén diversos espectáculos musicais e pasarrúas, teatro de títeres e outras actividades. Ás 19:45 será o desfile inaugural dende o Torreón ata a Casa do Concello, onde terá lugar o pregón a cargo do cantautor e escritor Xoán Rubia. O mercado estará aberto ata as 00:00.

 

O sábado 6 ás 11:00 abrirán os postos e demais zonas de actividades. A Eira d@s Nen@s comezará co seu horario de 11:00 a 15:00 e de 18:00 a 22:00, e no mesmo horario funcionarán os campamentos medievais Viaxeiros no Tempo e Lucus Medievo e mais os obradoiros da Alameda de Aprendices.

 

De novo haberá numerosos espectáculos, concertos e actividades. Ás 11:45, os soldados de Lucus Medievo desfilarán polo mercado, facendo escaramuzas e secuestrando 2 irmandiños, e ás 12:00 chegará por primeira vez ao mercado O Carro para levar aos nenos e nenas.

 

O mercado pechará ás 15:00 e se reanudará ás 18:00. Ás 22:00 terá lugar a Revolta Irmandiña, como parte dos campamentos Viaxeiros no Tempo e Lucus Medievo. O señor de Andrade e o seu escudeiro percorrerán o mercado a cabalo para pelexar cos Irmandiños.

 

Ás 23:30 do sábado haberá un espectáculo de malabares de lume, acrobacias, zancos, circo aéreo e pirotecnia, ao cargo da compañía Arlequín Teatro. Ás 23:45 na praza do Concello será o ritual e a degustación da queimada. O mercado pechará ás 00:30.

 

O domingo volverán abrir o mercado e as zonas de actividades no mesmo horario que o sábado. Ás 12:30 será o sorteo de premios entre os caracterizados na praza do Convento.

 

Ás 23:00 terá lugar un novo espectáculo a cargo de Artlequín Teatro, e tamén un concerto de música medieval da agrupación O Fauno e os seus Adlátres, que pecharán a programación do Feirón Medieval dos Andrade 2024.

 

Compártenos en Redes Sociales

TAMBIÉN TE PUEDE INTERESAR

Ferias y Mercados Medievales en A Coruña